martes, 28 de junio de 2011

Campionato de España de Veteranos: 44 medallas (24 ouros, 7 pratas e 13 bronces)

Na xornada do sabado os veteranos galegos fixéronse cun total de 26 medallas (12 ouros, 4 pratas e 10 bronces) para un total de 30 metais a falta da xornada de hoxe domingo.
Os ouros conseguidos nesta xornada foron os logrados por Flora Guzman en 100 e peso categoria W60; Chus Sanguos 80v W55; Monserrat Riveiro en altura W35; Maria Jose Fraga 100v W55; Rosario Sureda en altura W45; Ana Maria Santos 80v W50; Emilia Mesa en peso W55; Jose Santamaria en 100 M60; Carlos Almudi en martelo M35; Jesús Carballo en 800 M45 e Joaquin Alvarez en disco M55  
A ultima xornada saldouse cun bo ramallete de medallas para os nosos veteranos (11 ouros, 2 pratas e 2 bronces). Asi como varias mellores marcas galega das distintas categorias 
 Sete Mellores marcas galegas
Un total de sete mellores marcas galegas foron melloradas no Campionato en distintas catergorias:
M70 José M. Almudi Martinez en xavelina con 20,50
M50 Jose Fraga Caamaño en peso con 10,73 (iguala)
W55 Mª José Fraga Graña en 100 v. con 19.65
W60 Flora Josefa Guzman Davila en peso con 5,29
M55 Luís Nogueira Fernandez en xavelina con 64,68 e triplo con 11,08
W45 Rosario Sureda Gonzalez en lonxitude con 4,47 Resultados  Actuación Galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario