Máis de 1.000 corredores inscritos para participar na I Carreira Popular Concello de Carballo
Co peche das inscricións o domingo 12 de xuño, a organización informa de que hai un total de 1.001 inscritos para a I Carreira Popular Concello de Carballo que se celebra o domingo 19 de xuño. Desta cifra, un total de 333 pertencen a categorías inferiores, mentres que 668 están incluídos na categoría de adultos e veteranos. Nestes momentos a incrición a través da páxina web do evento está pechada, polo que os adultos que se incriban a partir de agora e ata o peche das inscrición previa a carreira, non poderán correr con chip e non teran dereito a recibir unha camiseta conmemorativa do evento. Porén, poden seguir inscribindose para participar a través do correo electrónico <carballodeporte@carballo.org>. A I Carreira Popular está organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo, ademais da Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, que atenderá aos corredores durante a carreira, e o CCB-Haley.
As principais rúas da capital municipal carballesa acollen esta I Carreira Popular Concello de Carballo, unha cita deportiva homologada pola Federación Galega de Atletismo e aberta a todas as categorías, xa que participarán corredores de alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos. A proba comeza ás 10.00 horas cos alevíns, e irán sucedéndose as saídas cada media hora subindo de categoría ata chegar aos veteranos. A saída e a meta estarán situadas na Gran Vía á altura da Praza do Concello. Respecto da normativa, o tempo máximo de duración da proba de 10 quilómetros será de 1 hora e 20 minutos; o percorrido estará debidamente sinalizado pola organización e existirá 1 posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta; os dorsais e o chip entregaranse o día da proba en horario de 9.00 a 11.00 horas e facilitaranse dorsais e chips o día da carreira ata as 11.00 horas, é dicir, 1 hora antes do seu comezo. Haberá duchas no pavillón Municipal Vila de Noia en horario de 10.00 a 14.30 horas e a entrega de premios será a partires das 13.30 horas fronte ao Concello de Carballo.
Os interesados e interesadas poden consultar o regulamento da proba ao completo neste mesmo aviso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario