lunes, 27 de junio de 2011

Campionato de España de Veteranos : 1 Ouro e 3 pratas

Bo comezo dos atletas galegos desprazados a Aguilas para a disputa do Campionato de España de Veteranos. 
A primeira xornada saldouse con catro medallas para os nosos representantes (1 ouro e 3 pratas). Os martillistas foron os protagonistas ao facerse Manuel Rodriguez do Real Club Celta na categoria M60 co titulo ao lanzar o artefacto a 32,78 e as pratas conseguíronas José M. Almudi na categoria M70 cun mellor lanzamento de 35,29 e Carlos Ferrer cun mellor rexistro de 43,44 na categoria M50. 
En carreiras na proba de 1500, Javier Toro Montero do Fluvial de Lugo logrou medalla de prata cun bo rexistro de 4.31.99 na categoria M55, conseguindo nova mellor marca galega da categoria. Resultados

No hay comentarios:

Publicar un comentario