Espírito deportivo, traballo en equipo, ilusión, metas comúns, competividade, trazar liñas cara un fin compartido, esforzo constante e preparación, relevo xeracional, constancia e superación...
Baseándose nesta escala de valores e aproveitando o símil, a Fundación CEO organiza a 5ª edición do Maratón do Miño, que terá lugar o domingo 02 de outubro de 2011 e contará con 42 km 195 m de percorrido.
O maratón é unha disciplina deportiva atlética, que debido á súa duración, tanto en distancia como en tempo, esixe ao maratoniano, unha preparación, constancia e esforzo que encaixa perfectamente cos parámetros dun traballador e dun empresario, que busca sempre novas metas.
O Maratón do Miño é o único maratón que se disputa na cidade de Ourense e discorre polo contorno natural do río Miño e os arredores. As pistas que rodean as marxes do río son idóneas para gozar da beleza da paisaxe, e o percorrido polo casco histórico permite obter unha visión privilexada da cidade. Intenta ser unha competición que apunte a vivir unha celebración deportiva na que calquera poida intervir; as características do seu percorrido propician este feito e promoven que en cada edición se vaian sumando novos adeptos de distintas idades e de diferentes países
Este maratón é novidoso polas súas modalidades:
- Carreira
- Andaina
- Carreira por relevos
- Andaina por relevos
Desenvólvese así un programa pioneiro en Galicia que permite a participación de distintas formas: correndo, andando e por relevos, feito que abre un abano moi amplo para obter unha grande participación e ademais poder facelo en equipo.
- Carreira
- Andaina
- Carreira por relevos
- Andaina por relevos
Desenvólvese así un programa pioneiro en Galicia que permite a participación de distintas formas: correndo, andando e por relevos, feito que abre un abano moi amplo para obter unha grande participación e ademais poder facelo en equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario