lunes, 10 de octubre de 2011

A Coruña 10

Nunha boa matinal para o atletismo , celebrouse o Campionato galego de 10Km en ruta, conjuntamente coa 5ª carreira Coruña 10. Soamente soprou un lixeiro vento que perxudicou levemente as marcas acadadas polos participantes. Eran 453 os inscritos federados e 1922 os non federados, do total foron controlados en meta 1970 atletas: 1778 homes e 202 mulleres.Fóra de control aínda entraron algúns e algunhas máis. Quere dicir isto que se superou con amplitude a barreira da 4ª edición desta carreira urbana. A saída deuse puntualmente, e dende os primeiros compases xa o marroquí Hassan Lekhili impuxo a súa lei. O seu ritmo fixo que segundo avanzaba a carreira a distancia cos seus seguidores fose aumentando. Foi case ata os últimos 500 m seguido doutro marroquí, Akka Esaadaqui, que viña mantendo unha distancia substancial co grupo perseguidor formado por Gustavo Platas, Elías S. Domínguez, Carlos Villamor, Daniel Bargiela, Robertas Geralavicius e algo máis atrás Gustavo 
Nieves. O último kilometro foi decisivo para dilucidar o segundo e terceiro posto da carreira, supoñendo tamén o Cto Gallego. Gustavo tiraba e Carlos tamén sobrepasándoo, cando este xa tiña adiantado ao ata eses últimos metros segundo Akka, que tamén se vería sobrepasado  por Elias Domínguez, posiblemente pagando o marroquí as consecuencias da carreira do día anterior. Platas aínda non tiña dita a última palabra, polo cal nun ultimísimo esforzo impúxose a Villamor na mesma liña de meta. Cuarto da carreira e completando o podio do Cto. foi Elias Salvador Domínguez,que que sería tamén campeón galego veterán. Akka foi quinto, sexto Daniel Bargiela,(tamén gañador da súa categoría M35) sétimo o lituano Robertas Geralavicius , octavo Gustavo Nieves, noveno Juan Pena Holguín, e décimo Marcos Antonio Seijo, á súa vez campión de súa categoría de veterán M40.
Polo que se respecta ás mulleres, a portuguesa do Comesaña Patricia Mendes Pereira, saiu decidida a ser a vencedora, seguíaa a pouca distancia Solange Andreia Pereira, quen pasado o ecuador da proba poníase á súa altura. Imporíase no tramo final con claridade meridiana, a Patricia, quen rematou segunda da carreira e vencedora do Cto. ao ser Solange atleta con licenza por Fuerteventura. En terceira posición etraba a atleta de Teo María Yolanda Gutiérrez, sendo cuarta Raquel Suárez, que completaba o podio absoluto deste Cto. Gallego. De quinta e campiona promesa entraba a viguesa Esther Navarrete, por diante da campiona veterana Soledad Castro.Foi sétima a campiona júnior, Leticia Fernández, octava outra veterana, vencedora da súa categoría, Esther Pedrosa, novena Sara Pérez e completando a decena Cristina Estévez, tamén vencedora nacategoría veterana W35. No posto 22º entraba como campión promesa Pablo Noche, que se impoñía por tan só seis segundos a Santiago García, o terceiro promesa foi Manuel Martínez, que entróu no posto 27º. Para localizar ao campión júnior imos ao posto 33º de Álvaro Gamundi, este podio foi completado por Martín Taín no posto 50ºe Abdelaziz Fatih no posto 59º. Por parte femenina Andrea Montero foi segunda promesa galega e Silvia Veira a 3ª… Leticia foi a única júnior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario