domingo, 25 de noviembre de 2012

CCNós Pistas


Primeira proba do CCNós 2012/13 e non podía ter comezado de mellor xeito. Grande concurrencia tanto de atletas coma de público. O número de participantes superou con creces o de anteriores ocasións, sendo máis de 800 os que lograron rematar a proba. O gañador da proba foi Gustavo Platas seguido de Carlos Villamor e en terceira posición cruzou a liña de meta Nicolás Arrojo.
Como en todalas ocasións o Atletismo Monte Segade contou con unha grande representación de corredores que deixaron o pavillón do equipo ben alto.
No aspecto persoal acadei un moi bo resultado (16:30"), mellorando en 18" o tempo logrado na edición anterior, sendo gañador na miña categoría e 15º na clasificación xeral.
Agardemos que este bo ambiente se conserve o largo de todo o circuito para que este se perpetue no tempo e non corra a mesma sorte que outra carreira de cuio nome non quero lembrarme.
Moita sorte a todolos participantes e moitísimas grazas ao público que se da cita para apoiarnos.

Clasificación

Fotos xentileza Monte Segade

No hay comentarios:

Publicar un comentario