miércoles, 19 de diciembre de 2012

CCNós As Gándaras


Este pasado Domingo tivo lugar nun novo trazado que percorreu o  polígono das gándaras, nas inmediacións de Decathlón, a 2ª proba do circuito de carreiras populares CCNós. Como xa e habitual e a pesares de termos unha tarde inapacible houvo unha moi alta participación tanto nas categorías inferiores coma na absoluta. Nesta ocasión fixeronse dúas probas, unha de 5300 mts que constou de dúas voltas a un circuito por un trazado practicamente chan e que foi puntuable para o CCNós e outra que foron catro a este mesmo circuito para completar un total 10600 mts., promovida por Decathlón. O gañador da primeira foi Gustavo Platas seguido de Carlos Villamor, sendo terceiro o atleta do Lucus Nicolás Arrojo . Pola contra nos 10600 mt resultou vencedor Carlos Villamor seguido de Juan Pena Holguín e en terceiro lugar Gustavo Platas.

Clasificación circuito CCNós

Clasificación 10600 mts.

Fotos xentileza Club Atletismo Monte Segade

No hay comentarios:

Publicar un comentario