O próximo
domingo 18 de Novembro terá lugar a XXXVI Carreira Pedestre Popular do San
Martiño, en Ourense. Agárdase como en todas as edicións anteriores unha grande
participacion de corredores e de público que se acerca para animar e desfutar
de esta carreira popular. Entre os participantes atoparase unha nutrida
representación do Clube Atletismo Monte Segade, de Lugo, que este ano se
desprazará de novo en autobús dende a cidade das murallas para participar na
carreira e logo celebrar unha comida de grupo. Moita sorte a tod@s os que
tomedes a saída nesta competición entre os cales agardo atoparme eu se nada de
última hora mo impide.
No hay comentarios:
Publicar un comentario