O pasado domingo 10 de xuño tivo lugar en Lugo, nas Pistas Gregorio Pérez Rivera, o campionato galego de veterans ao aire libre. Nunha xornada moi ventosa celebrouse este campionato cunha moi escasa participación na maioría das probas. Dende aquí quero amosar o meu descontento e o da maioría de atletas pola mala organización da proba que correu a cargo da Federación Galega de atletismo. En algunha das probas o caos foi absoluto, coma no 10000 onde algúns dos participantes tiveron que dar ata dúas voltas de máis polo descontrol dos xuices. Noutros casos non sabían as voltas que quedaban para o final por non mudar as pastillas e outros cantos despropósitos máis. No meu caso concreto logo de ser nomeado por megafonía como campión galego de 5000 na categoría M40 e estar xa subido no podium comunicame o encargado da entrega de medallas que a causa dun erro na idade dun dos participantes que rematara diante de min este era o gañador pasando eu a ser o 2º clasificado. Agardemos que para futuros eventos se teñan en conta estos erros e non se permita que volvan a ocorrer, do contrario sería moi aconsellable por parte dos atletas veterans o plantexarse a renovación da ficha federativa posto que as ducias de carreiras populares que se celebran ao longo da nosa comunidade e que contan con unhas organizacións totalmente gratuitas para os atletas, cumpren moitísimo mellor co seu cometido. Ao fin e dous días despois de rematada a xornada da competición temos os resultados oficiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario