domingo, 17 de junio de 2012

Carreira final CCNós Parque de Frigsa.

Hoxe pola mañá tivo lugar no Parque da Frigsa e os seus arredores a derradeira proba do circuito de carreiras populares CCNós. Cunha grande participación de corredores e público que se achegou a ver a proba e animar aos atletas, púxose un fermoso colofón a esta competición que ano tras ano fai as delicias de afeción e deportistas. O gañador da proba foi o tamén vencedor da xeral do circuito, Nicolás Arrojo, seguido de Juan Pena Holguín e a continuación Juan Luis Trillo. Cuarto clasificado foi Leonardo Rodríguez  e en quinta posición cruzou a liña de meta Fernado Pérez Fdez ( Atletismo Monte Segade), que logrou a segunda e meritoria plaza na clasificación xeral individual, sendo campión na súa categoría. Cabe destacar os boísimos resultados da meirande parte dos atletas do Monte Segade, clube que acadou a vitoria por equipos. Os atletas deste equipo subiron ao caixon en moitas das categorias. Patricia García, 1ª absoluta e vencedora polo tanto na súa categoría, Ana "Pitina", Javier Hortas, Fernando "Porto", "Mítico" e Pepeangel vencedores na súa categoría. Tito Gallego e José Manuel Pin segundo e terceiro na categoría K. Parabens polo tanto a  estos corredores, a todos os integrantes do Monte Segade e tamén como non aos seus rivais. Entre tod@s conseguimos que esta edición do Corre fose senón a mais si unha das mais desputadas tanto a nivel individual como por equipos dende que se celebra este circuito. Non podo rematar sen unha mención moi especial para a organización da proba. Con Gonzalo ao frente e todo un equipo detrás currando moito, acadaron un ano máis que isto fose un rotundo éxito. Moitas grazas por elo e agardo que para o ano nos voltemos a ver. Estou seguro de que así será. Por último deixo  o mais importante, que non e outra cousa que adicarlle tanto a miña vitoria individual, como estou seguro coincidirán comigo os demais integrantes do clube, a vitoria xeral do equipo ao noso Presi e amigo Suso Gandoy. Desexámoslle unha pronta recuperación da sua intervención para que moi pronto poida estar con nos donde debe e lle gosta estar, participando nas carreiras.
Unha aperta a tod@s e ata a próxima edición.

Clasificación.

Fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario