jueves, 24 de mayo de 2012

CCNós Recinto Feiral

Penúltima carreira do circuito CCNós que se desenrrolou por un novo circuito bastante máis duro e longo, (5400 m),que o das edicións anteriores. Excelente participación de atletas nunha boa mañá para a práctica do deporte. O gañador da proba foi Nicolas Arrojo seguido de Rubén Castro e Leonardo Rodriguez. Na cuarta posición cruzou a liña de meta Fernado Pérez Fdez do Atletismo Monte Segade, equipo que segue por unha carreira máis a fronte da clasificación por equipos. Cabe suliñar que nesta ca carreira non tomou a saida Gustavo Platas, gañador de varias das probas de este circuito. O próximo 17 de Xuño terá lugar a última proba deste CCNós que transcurrirá polas inmediacións do Parque de Frigsa. Alí se porá final a 12ª edición deste circuito de carreiras populares que tanto éxito está tendo entre os corredores Lucenses e inluso de outras partes de Galicia. Parabens a organización por levar a bo fin esta proba deportiva e moito ánimo para que se siga celebrando en próximas edicións.
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia

No hay comentarios:

Publicar un comentario