miércoles, 18 de mayo de 2011

Media Maratón de A Coruña

15/05/2011 . Campionato Galego de Media Maraton A Coruña 21: Manuel Hurtado e Yolanda Gutierrez Campións
Celebrouse, con éxito de participación no que se refire a cantidade,(1.034 chegados a meta) nunha boa mañá para o desenvolvemento da carreira a pé se exceptuamos o molesto vento reinante, o Campionato de Galicia de Medio Maratón, á vez que a terceira edición do a carreira Coruña 21.
Ao darse a saída colocouse na cabeza un Carlos Villamor (2º en 1.08.16 SGP) disposto a gañar a carreira ó na súa falta porlla moi dura a quen aspirase, como el, ao triunfo final, a primeira das tres voltas deuna na cabeza lixeiramente destacado do dúo formado por Manuel Hurtado, (1º 1.07.59 OAAP) e Elias Domínguez,(1.09.54 CCVig-Bay) pronto se puxo Hurtado á altura de Villamor e así ata o final, destacándose cada vez máis dun Elias Domínguez que mantería ese terceiro posto ata liña de meta. Seguíronlles José Antonio Ramallo,(1.11.41 SGP) Álvaro Prieto, 1.12.06 Praias Jandía) José Manuel Fernández, (1.12.14 ADAS) Antonio Sobrado, (1.13.16 CSCV) e 8º Carlos Casal (1.13.243 C.Atl. Oliveira) No posto 23º entraba como campión júnior o comesañense Samuel Rodríguez, en 1.16.32 , o primeiro promesa entraba no posto 478º Javier Vila, (1.38.09 ) ao non estar este federado, ese terceiro campionato galego recaía no posto 915º de Martín González,(1.56.29 ) do Venturiña grovense.
Polo que respecta ás mulleres Yolanda Gutiérrez (1.19.59 ) desde o principio comandou a carreira seguida da súa compañeira de club Patricia Mendes, (1.21.02 ) aumentando lixeiramente a súa vantaxe que lle aseguraba o campionato conseguido. O segundo posto de Patricia tampouco correu perigo a pesar da boa carreira da incombustible Esther Pedrosa,(CDUS 1.25.57 ) que realizaba unha magnifica carreira, impedindo que as compoñentes do Comesaña Sporting Club copasen o podio, sempre por diante de Mercés Gómez, unha cuarta clasificada que realizaba marca persoal de 1.26.06 . De quinta entraba a non federada María Cabadas, (1.31.15 ) 6ª outra comesañense, a arzúana
Carmen Penas, 1.32.39 ) 7ª Teresa Corral, (1.33.32 ) e 8ª Begoña Doníz, (1.34.53 ).
Negativo que os campionatos de Promesa e Júnior femininos quedaron vacantes.
Cronica: Joaquín Pérez
 No Campioanto Galego de Media Maraton os favoritos Manuel Hurtado e Yolanda Gutiérrez fixéronse co titulo. O podium masculino contou ca presencia de Manuel Hurtado (1º), Carlos Villamor (2º) e Elías Dominguez (3º), mentres que en mulleres impúxose Yolanda Gutiérrez, seguida de Patricia Mendes (2ª) e Esther Pedrosa (3ª). Maila a presencia dun respetable vento a proba contou cunha importante participación de atletas procedentes de tódolos rincóns de Galicia. A FGA emitirá un reportaxe especial adicado a este campionato no programa "Citius, Altius, Fortius" o vindeiro sábado na TVG2.  Resultados  (ir a noticia completa)    FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario