martes, 21 de mayo de 2013
I Carreira Popular Concello de Friol
De extraordinaria se pode calificar a organización e o desenrolo en xeral da primeira edición desta carreira popular.
Preto de 200 corredores deronse cita nunha mañá mais que aceptable, en comparanza co que nos tiña acostumado o tempo derradeiramente, para percorrer os 5000 m. dos que constaba a proba.
O vencedor absoluto da proba foi Juan Pena Holguin (Coruña Comarca) cun tempo de 15:48 avantaxando en 41" ao que lles escribe, Pepeangel Sánchez (Monte Segade) 16:23, sendo terceiro o atleta do Verxel Pedro Escolante cun crono de 16:38.
O éxito acadado nesta edición fainos pensar que a mesma terá continuidade e así mesmo acadará en futuras edicións todavía mais participación de corredores.
Clasificación xentileza de Championchipnorte.
Fotos de Diana.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario