domingo, 17 de junio de 2012

Carreira final CCNós Parque de Frigsa.

Hoxe pola mañá tivo lugar no Parque da Frigsa e os seus arredores a derradeira proba do circuito de carreiras populares CCNós. Cunha grande participación de corredores e público que se achegou a ver a proba e animar aos atletas, púxose un fermoso colofón a esta competición que ano tras ano fai as delicias de afeción e deportistas. O gañador da proba foi o tamén vencedor da xeral do circuito, Nicolás Arrojo, seguido de Juan Pena Holguín e a continuación Juan Luis Trillo. Cuarto clasificado foi Leonardo Rodríguez  e en quinta posición cruzou a liña de meta Fernado Pérez Fdez ( Atletismo Monte Segade), que logrou a segunda e meritoria plaza na clasificación xeral individual, sendo campión na súa categoría. Cabe destacar os boísimos resultados da meirande parte dos atletas do Monte Segade, clube que acadou a vitoria por equipos. Os atletas deste equipo subiron ao caixon en moitas das categorias. Patricia García, 1ª absoluta e vencedora polo tanto na súa categoría, Ana "Pitina", Javier Hortas, Fernando "Porto", "Mítico" e Pepeangel vencedores na súa categoría. Tito Gallego e José Manuel Pin segundo e terceiro na categoría K. Parabens polo tanto a  estos corredores, a todos os integrantes do Monte Segade e tamén como non aos seus rivais. Entre tod@s conseguimos que esta edición do Corre fose senón a mais si unha das mais desputadas tanto a nivel individual como por equipos dende que se celebra este circuito. Non podo rematar sen unha mención moi especial para a organización da proba. Con Gonzalo ao frente e todo un equipo detrás currando moito, acadaron un ano máis que isto fose un rotundo éxito. Moitas grazas por elo e agardo que para o ano nos voltemos a ver. Estou seguro de que así será. Por último deixo  o mais importante, que non e outra cousa que adicarlle tanto a miña vitoria individual, como estou seguro coincidirán comigo os demais integrantes do clube, a vitoria xeral do equipo ao noso Presi e amigo Suso Gandoy. Desexámoslle unha pronta recuperación da sua intervención para que moi pronto poida estar con nos donde debe e lle gosta estar, participando nas carreiras.
Unha aperta a tod@s e ata a próxima edición.

Clasificación.

Fotos.

jueves, 14 de junio de 2012

Derradeira proba CCNós 2011/2012

O próximo Domingo as 12 da mañá terá lugar a derradeira proba do circuito de carreiras populares CCNós que transcorrerá  polas inmediacions do parque da Frigsa. A diferencia das outras carreiras esta solo se celebrará na categoría de adultos posto que os mais pequenos xa o fixeron o Domingo pasado. Agárdase coma en tódalas edicións anteriores unha moi importante participación tanto de corredores coma de público para poñer un bonito colofón a unha nova tempada desde circuito. Ao finalizar a proba terá lugar, sobre as 13:30, a entraga de premios os primeiros clasificados nas distintas categorias e o sorteo dos vales para canxear por material deportivo.

Percorrido

martes, 12 de junio de 2012

Campionato galego de veterans en pista ao aire libre.

O pasado domingo 10 de xuño tivo lugar en Lugo, nas Pistas Gregorio Pérez Rivera, o campionato galego de veterans ao aire libre. Nunha xornada moi ventosa celebrouse este campionato cunha moi escasa participación na maioría das probas. Dende aquí quero amosar o meu descontento e o da maioría de atletas pola mala organización da proba que correu a cargo da Federación Galega de atletismo. En algunha das probas o caos foi absoluto, coma no 10000 onde algúns dos participantes tiveron que dar ata dúas voltas de máis polo descontrol dos xuices. Noutros casos non sabían as voltas que quedaban para o final por non mudar as pastillas e outros cantos despropósitos máis. No meu caso concreto logo de ser nomeado por megafonía como campión galego de 5000 na categoría M40 e estar xa subido no podium comunicame o encargado da entrega de medallas que a causa dun erro na idade dun dos participantes que rematara diante de min este era o gañador pasando eu a ser o 2º clasificado. Agardemos que para futuros eventos se teñan en conta estos erros e non se permita que volvan a ocorrer, do contrario sería moi aconsellable por parte dos atletas veterans o plantexarse a renovación da ficha federativa posto que as ducias de carreiras populares que se celebran ao longo da nosa comunidade e que contan con unhas organizacións totalmente gratuitas para os atletas, cumpren moitísimo mellor co seu cometido. Ao fin e dous días despois de rematada a xornada da competición temos os resultados oficiais.