O pasado Domingo celebrouse a V proba do circuito de carreiras populares CCNós. Nunha mañá intempestiva e baixo unha intensa choiva tivo lugar a proba coa participación de centos de corredores nas distintas categorías. Na categoría absoluta a victoria incontestable unha vez máis foi para Gustavo Platas Vidal sendo 2º Nicolás Arrojo seguido de Juan Pena Holguin. Na 4ª posición clasificouse o atleta Fernando pérez Fdez do Atletismo Monte Segade, equipo que a súa vez mantén por 5ª carreira consecutiva o seu liderato na clasificación por equipos. Os seus inmediatos perseguidores son o Lugo Monumental e o Verxel en 2ª e 3ª posición respectivamente.
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario