Pois ben ao fin e logo de case que 5 meses de duros adestramentos mañá chega o reto mais importante desta primeira parte da tempada. Os 10 kms de Padrón que nesta edición son tamén campionato galego da distancia. A verdade e que me atopo como nunca tanto física coma mentalmente polo que agardo que mañá o día me acompañe e poida conseguir unha marca que faga bó todo o esforzo realizado durante este tempo. O traballo está feito e coido que ben, agora so agardo recoller os froitos sembrados. Xa sei que o atletismo da unhas de cal e outras de area polo que permitídeme que pida ese pouquiño de sorte que sempre e necesaria para poder acadar os obxetivos. Non pido nin mais nin menos sorte da que vos desexo a tod@s os que tomedes a saida mañá as 6 da tarde nesta XI edición da proba.
Saúdos e oxalá que tod@s academos as nosas metas.