O próximo Domingo as 12 da mañá terá lugar a derradeira proba do circuito de carreiras populares CCNós que transcorrerá polas inmediacions do parque da Frigsa. A diferencia das outras carreiras esta solo se celebrará na categoría de adultos posto que os mais pequenos xa o fixeron o Domingo pasado. Agárdase coma en tódalas edicións anteriores unha moi importante participación tanto de corredores coma de público para poñer un bonito colofón a unha nova tempada desde circuito. Ao finalizar a proba terá lugar, sobre as 13:30, a entraga de premios os primeiros clasificados nas distintas categorias e o sorteo dos vales para canxear por material deportivo.
Percorrido
jueves, 14 de junio de 2012
martes, 12 de junio de 2012
Campionato galego de veterans en pista ao aire libre.
O pasado domingo 10 de xuño tivo lugar en Lugo, nas Pistas Gregorio Pérez Rivera, o campionato galego de veterans ao aire libre. Nunha xornada moi ventosa celebrouse este campionato cunha moi escasa participación na maioría das probas. Dende aquí quero amosar o meu descontento e o da maioría de atletas pola mala organización da proba que correu a cargo da Federación Galega de atletismo. En algunha das probas o caos foi absoluto, coma no 10000 onde algúns dos participantes tiveron que dar ata dúas voltas de máis polo descontrol dos xuices. Noutros casos non sabían as voltas que quedaban para o final por non mudar as pastillas e outros cantos despropósitos máis. No meu caso concreto logo de ser nomeado por megafonía como campión galego de 5000 na categoría M40 e estar xa subido no podium comunicame o encargado da entrega de medallas que a causa dun erro na idade dun dos participantes que rematara diante de min este era o gañador pasando eu a ser o 2º clasificado. Agardemos que para futuros eventos se teñan en conta estos erros e non se permita que volvan a ocorrer, do contrario sería moi aconsellable por parte dos atletas veterans o plantexarse a renovación da ficha federativa posto que as ducias de carreiras populares que se celebran ao longo da nosa comunidade e que contan con unhas organizacións totalmente gratuitas para os atletas, cumpren moitísimo mellor co seu cometido. Ao fin e dous días despois de rematada a xornada da competición temos os resultados oficiais.
jueves, 24 de mayo de 2012
CCNós Recinto Feiral
Penúltima carreira do circuito CCNós que se desenrrolou por un novo circuito bastante máis duro e longo, (5400 m),que o das edicións anteriores. Excelente participación de atletas nunha boa mañá para a práctica do deporte. O gañador da proba foi Nicolas Arrojo seguido de Rubén Castro e Leonardo Rodriguez. Na cuarta posición cruzou a liña de meta Fernado Pérez Fdez do Atletismo Monte Segade, equipo que segue por unha carreira máis a fronte da clasificación por equipos. Cabe suliñar que nesta ca carreira non tomou a saida Gustavo Platas, gañador de varias das probas de este circuito. O próximo 17 de Xuño terá lugar a última proba deste CCNós que transcurrirá polas inmediacións do Parque de Frigsa. Alí se porá final a 12ª edición deste circuito de carreiras populares que tanto éxito está tendo entre os corredores Lucenses e inluso de outras partes de Galicia. Parabens a organización por levar a bo fin esta proba deportiva e moito ánimo para que se siga celebrando en próximas edicións.
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia
miércoles, 16 de mayo de 2012
CCNós Parque Recinto Feiral
A VI Carreira do circuito CCNós que se celebrará o próximo Domingo día 20 en horario matinal terá un percorrido novedoso con respecto as derradeiras edicións, ampliándose en case que 2 Kms a distancia da proba e aproveitando parte do percorrido da San silvestre. Moitísima sorte a tod@s @s participantes.
lunes, 30 de abril de 2012
1/2 Maratón Gijón "Villa de Jovellanos"
Bajo una intensa lluvia se celebró el Sábado día 28 de Abril la II 1/2 maratón de Gijón "Villa de Jovellanos" con una gran participación tanto de corredores como de público a pesar de la continua y molesta lluvia. Hubo como en la anterior edición una amplia representación del Atletismo Monte Segade además de otros corredores Lucenses que se desplazaron a tierras Asturianas para tomar parte en la prueba. Para tod@s ell@s mis más sinceras felicitaciones por la marcas conseguidas a pesar de no tener las condiciones climatológicas más idóneas.
lunes, 16 de abril de 2012
CCNós As Termas
O pasado Domingo celebrouse a V proba do circuito de carreiras populares CCNós. Nunha mañá intempestiva e baixo unha intensa choiva tivo lugar a proba coa participación de centos de corredores nas distintas categorías. Na categoría absoluta a victoria incontestable unha vez máis foi para Gustavo Platas Vidal sendo 2º Nicolás Arrojo seguido de Juan Pena Holguin. Na 4ª posición clasificouse o atleta Fernando pérez Fdez do Atletismo Monte Segade, equipo que a súa vez mantén por 5ª carreira consecutiva o seu liderato na clasificación por equipos. Os seus inmediatos perseguidores son o Lugo Monumental e o Verxel en 2ª e 3ª posición respectivamente.
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia.
Clasificación
Fotos xentileza de Mundoguia.
jueves, 12 de abril de 2012
CCNos As Termas
O próximo Domingo 15 de Abril terá lugar a V proba do CCNós en As Termas, nos arredores do centro comercial. A pesares de coincidir na data coa Maratón e o 10000 da Coruña agárdase unha moi boa participación na carreira como e costume.
Mais info
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


