Resultados
Fotos Gentileza de Gely
domingo, 19 de junio de 2011
sábado, 18 de junio de 2011
Carballo celebra a súa I Carreira Popular e Vigo acolle o V Trofeo El Corte Inglés-Día da muller
O Concello de Carballo celebrará o domingo día 19 a súa I Carreira Popular. O concello que xa ten experiencia na organización de eventos atléticos, lembremos que foi sede fai un par de anos do Campionato Galego de campo a través, espera acoller a perto de 500 atletas nesta primeira edición. Por outra parte Vigo, acollerá un ano mais o Trofeo El Corte Inglés coincidindo co día da muller.
Co peche das inscricións o domingo 12 de xuño, a organización informa de que hai un total de 1.001 inscritos para a I Carreira Popular Concello de Carballo que se celebra o domingo 19 de xuño. Desta cifra, un total de 333 pertencen a categorías inferiores, mentres que 668 están incluídos na categoría de adultos e veteranos. Nestes momentos a incrición a través da páxina web do evento está pechada, polo que os adultos que se incriban a partir de agora e ata o peche das inscrición previa a carreira, non poderán correr con chip e non teran dereito a recibir unha camiseta conmemorativa do evento. Porén, poden seguir inscribindose para participar a través do correo electrónico <carballodeporte@carballo.org>. A I Carreira Popular está organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo, ademais da Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, que atenderá aos corredores durante a carreira, e o CCB-Haley.
As principais rúas da capital municipal carballesa acollen esta I Carreira Popular Concello de Carballo, unha cita deportiva homologada pola Federación Galega de Atletismo e aberta a todas as categorías, xa que participarán corredores de alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos. A proba comeza ás 10.00 horas cos alevíns, e irán sucedéndose as saídas cada media hora subindo de categoría ata chegar aos veteranos. A saída e a meta estarán situadas na Gran Vía á altura da Praza do Concello. Respecto da normativa, o tempo máximo de duración da proba de 10 quilómetros será de 1 hora e 20 minutos; o percorrido estará debidamente sinalizado pola organización e existirá 1 posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta; os dorsais e o chip entregaranse o día da proba en horario de 9.00 a 11.00 horas e facilitaranse dorsais e chips o día da carreira ata as 11.00 horas, é dicir, 1 hora antes do seu comezo. Haberá duchas no pavillón Municipal Vila de Noia en horario de 10.00 a 14.30 horas e a entrega de premios será a partires das 13.30 horas fronte ao Concello de Carballo.
Os interesados e interesadas poden consultar o regulamento da proba ao completo neste mesmo aviso.
Máis de 1.000 corredores inscritos para participar na I Carreira Popular Concello de Carballo

viernes, 17 de junio de 2011
VI CARREIRA POPULAR GUITIRIZ TERMAL
O Concello de Guitiriz celebra o 25 de xuño de 2011 a " VI Carreira Popular Guitiriz Termal".
Descarga o Regulamento da Carreira Popular.
Descarga o Mapa de Carreira.
Descarga o Regulamento da Carreira Popular.
Descarga o Mapa de Carreira.
miércoles, 15 de junio de 2011
III CARREIRA POPULAR “ CONCELLO DE SOBER “ O 19 DE XUÑO DE 2011
| III Carreira popular Concello de Sober Web coa información da carreira |
martes, 14 de junio de 2011
Meeting de Madrid 2011: tú puedes ser protagonista
El sábado 9 de julio algunos de los mejores atletas del mundo se darán cita en el Centro Deportivo Municipal de Moratalaz para disputar el Meeting de Madrid 2011, una de las reuniones atléticas más importantes del mundo, encuadrada en la prestigiosa World Challenge de la Asociación Internacional de Federaciones Atléticas (IAAF).
Tú puedes ser protagonista y compartir escenario con los mejores atletas del mundo. Al igual que el año pasado Carnet Corredor te ofrece la posibilidad de participar en las pruebas populares y open, que se celebrarán al comienzo de la reunión. Concretamente se disputarán un 1.000 popular, abierto a todo el mundo, tanto en categoría masculina como femenina y luego sendas pruebas de 800 y 1.500 metros para todos los atletas federados que quieran tomar parte. Los vencedores de estas pruebas recibirán un magnífico premio: un bono de dos billetes de ida y vuelta con Ryanair.
La reunión comenzará a las 18:00 horas con la celebración de la prueba de 1.000 metros mujeres y el martillo internacional también femenino, a las 18:15 será el turno de la misma distancia para hombres. Seguirá a continuación los 800 metros federados femeninos a las 18:40 y su versión masculina a las 18:50 cerrándose el programa previo del Meeting con los 1.500 metros: a las 19:00 será el turno del femenino y a las 19:15 del masculino. A partir de las 19:30 comenzarán las pruebas de carácter internacional hasta aproximadamente las 21:45 horas, a las que podréis quedaros todos los que hayais participado en las pruebas populares y federadas.
¡Inscríbete ya a través de la plataforma de inscripciones de Carnet Corredor y disfruta del mejor atletismo!
domingo, 12 de junio de 2011
jueves, 9 de junio de 2011
Campionato Galego de Montaña
A competición dará comezo ás 10.30 horas con saída da Casa do Concello de Esgos.
Entre os inscritos atópase a actual campioa galega do Ourense Academia Postal, Iria Fernández Fontenla, asi como o subcampeon da edicion anterior Elpidio Gómez Sousa do Adas Proinor do Barco de Valdeorras.
A proba se preve moi disputada, xa que varios dos participantes teñen serias opcións de facerse co Titulo. atletas inscritos Mais información
Suscribirse a:
Entradas (Atom)